luns, 22 de xaneiro de 2018

DE POLÍTICA

A situación política acapara os titulares da prensa. Hoxe o presidente do parlamento catalán propón candidato á presidencia da Generalitat. Será Puigdemont probablemente. Que fará? volverá de Bélxica? intentará ser investido dende alá?... non sabemos, pero que debería facer? : sen dúbida, volver, ser investido presidente e comparecer ante a xustiza. Será capaz esta xustiza dependente de atreverse a meter na cadea indefinidamente e sen fianza ao presidente legalmente elixido de Cataluña? si, é capaz. Nun país no que a xustiza é bastante laxa, e se deixa en liberdade moi doadamente a violadores, maltratadores, narcotraficantes ou banqueiros ladróns... resulta chamativo o ensañamento que existe contra os políticos independentistas en xeral e algúns en particular, que levan xa varios meses sen ver ás súas familias, nin por Nadal. Están acusados de promover actos violentos, aplicando parece, a doctrina xudicial venezolana segundo a cal o convocante da manifestación é o responsable do que alí suceda. Unha mala excusa para dar castigos exemplarizantes e avisos a navegantes. Como era aquilo que se dicía durante a época de ETA de que en democracia calquer idea é defendible?. Calquera menos a independencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario