venres, 27 de agosto de 2010

WIKILEAKS

Wikileaks
... could become as important a journalistic tool
as the Freedom of Information Act.

— Time Magazine




Wikileaks é unha páxina web creada no 2006 e dirixida polo australiano Julian Assange. Ten un formato parecido á wikipedia e pretende funcionar de xeito similar poñendo á vista dos internautas miles de documentos que poidan ser lidos e analizados e corrixidos na súa veracidade. O termo Leaks ven do inglés filtración. Tivo especial notoriedade a recente publicación de documentos secretos do exército americano sobre a guerra de Afganistán. Parécenos un fenómeno interesante, que nos fala das posibilidades que pode ter internet para cambiar o mundo (esperemos que para mellor). Pretende ser unha ferramenta que axude á transparencia na información e polo tanto a evitar o engano por parte de moitos gobernos aos seus cidadáns, o tempo dirá se o consigue. As posibilidades que abre internet ao permitir o acceso doado e barato á información de xeito global son extraordinarias e abren a esperanza a unha masiva participación cidadá e a unha auténtica democracia global, (estarei sendo demasiado optimista?). Creo que páxinas como a de wikileaks poden contribuír a iso.

Podes ver a páxina de fala inglesa neste enlace ou unha tradución limitada ao español neste outro.



Tamén podes ler este artigo do xornal El País onde se fala do seu fundador, Julian Assange

E estes outros dos xornais El Periódico de Cataluña e El País, no que se conta a recente persecución que está sufrindo.

Neste video da páxina TED da que temos falado hai unha entrevista que pode ser vista subtitulada ao español ou ao portugués.

domingo, 15 de agosto de 2010

MIGUEL ANXO MURADO


Miguel Anxo Murado naceu en Lugo en 1965. Lembroo no primeiro curso de carreira que empezamos xuntos alá por 1982. Recén estreados na facultade de historia el xa se convertira en todo un personaxe porque gañara (con 17 anos) un premio a nivel nacional de novela curta co relato "Metamorfosis Benecianas" (si con b). Creo que nunca me atrevín a falar con el (daquela era un pouco tímida, agora falo de máis). Lembro tamén uns anos despois (aínda na facultade) que se presentara a unhas eleccións ao Claustro da Universidade ou da facultade? cunha plataforma electoral un pouco ácrata que se chamaba NON NOS VOTES, á que algúns votamos. Teño referencias tamén do seu irmán Antonio Murado (hoxe pintor de certo éxito) porque me falaba del o meu amigo Gonzalo que estudou 1º de historia en Santiago para irse ao ano seguinte a Salamanca, na recén estreada Facultade de Belas Artes, onde coincidiu con Antonio (Murado). Volvendo a Miguel Anxo, dende que nos fomos da facultade lle seguín algo a pista, porque me pareceu sempre un tipo interesante: lendo algún libro seu, crónicas na prensa, na radio (radio galega por exemplo) e o outro día ocurriúseme poñer un enlace a un artigo del na Voz de Galicia, polo que entrei na súa páxina web www.miguelmurado.com e descubrín con sorpresa a enorme traxectoria que fixo dende aqueles anos 80: a parte de escribir numerosos libros (en galego, en castelán, en inglés), guións para cine e tv, realizar documentais, traducir libros... ten unha importante carreira periodística, foi corresponsal de guerra en Croacia, Bosnia ou Palestina; e quedei pasmada porque non me imaxinaba a este rapaz de apariencia tenra e fráxil cubrindo unha información de guerra.

Nesta entrada do blog invítovos a que coñezades un pouco a Miguel Murado porque é un escritor moi interesante. Visitade a súa paxina web, lede algún dos seus libros ou simplemente algunha das súas crónicas xornalísticas: escribe habitualmente na Voz de Galicia ou no xornal británico The Guardian, tamén ten crónicas para a radio da BBC. Aquí van uns enlaces:

Podes ler fragmentos dalgún dos seus libros:








Na Voz de Galicia, un dos seus artigos sobre política internacional:

CIFRAS Y LETRAS EN AFGANISTÁN

Miguel A. Murado

En la guerra, las cifras no lo dicen todo. El que este mes de julio haya sido el de más mortalidad de soldados norteamericanos en Afganistán desde el 2001 no es en sí una prueba de que la guerra les vaya mal. En todo caso, se trata de unas pocas decenas de bajas que, como sucede con las estadísticas de accidentes de tráfico, no permiten comparaciones significativas mes a mes. La cifra podría entenderse incluso como la consecuencia de una mayor actividad militar, existosa o no.
De hecho, así es. En febrero comenzó la ofensiva "Moshtarak" en la provincia de Hellmand. Hay que hacer memoria: Entonces se la describió como la mayor operación militar desde la invasión del país hace nueve años. Ahora ya nadie lo dice, pero entonces se planteó como el ser o no ser de la coalición en Afganistán. Era la ofensiva para terminar con todas las ofensivas, el pulso final que doblegaría a los talibanes, la prueba de fuego para el ejército afgano... Ya nadie lo dice porque la ofensiva ha sido un fracaso, y esto sí es significativo.
También lo es que esta noticia importante haya quedado oscurecida por la polémica en torno a la filtración masiva de documentos secretos al diario digital Wikileaks. Igual que las cifras, tampoco las letras lo dicen todo. Estos documentos no contienen realmente nada que no fuese conocido ya o que resulte sorprendente. Tan solo muestran con un nivel de detalle extraordinario las torpezas, los errores e incluso los crímenes que cometen, inevitablemente, todos los ejércitos en situaciones de guerra. Pero su lectura es devastadora fundamentalmente por otro motivo: Porque en ellos se percibe con claridad que tanto el alto mando de la coalición como sus oficiales en el terreno han dejado de creer en la posibilidad de una victoria y se limitan a gestionar la logística de una larga retirada no declarada. La revelación más escandalosa (aunque tampoco desconocida ni sorprendente) va en el mismo sentido: Pakistán no ha dejado de mantener contactos con los talibanes, e incluso de apoyarlos. La lógica es evidente. Los paquistaníes saben que la coalición se irá a casa y los talibanes son la fuerza con la que hay que contar en el futuro de un país que es su vecino. Es natural que Pakistán, que entrenó a los talibanes hace años, confíe más en sus buenas relaciones con ellos que en la posibilidad, ahora inimaginable, de que sean derrotados. Estados Unidos lo sabe, e incluso lo acepta ya, lo que equivale a un reconocimiento implícito de que la cosa ya no tiene remedio.
1/08/10


Sobre o xuíz Garzón na BBC radio


Sobre a vitoria de España no Mundial en The Guardian

sábado, 14 de agosto de 2010

DOUS VIDEOS

O noso amigo Francisco envíanos estes dous videos moi interesantes, grazas. Anímovos a colaborar, enviade esas xoias que circulan pola rede e compartirémolas.

GEROGE CARLIN "O SOÑO AMERICANO"



UN INTERESANTE CORTO MEXICANO PREMIADO EN CANNES: "Historia de un letrero"

EXPOSICIÓN EN TORRADO


Estase celebrando no Pazo de Torrado unha exposición bastante interesante, chámase Xeografías Contemporáneas e mostra obras de artistas galegos dos que o CGAC (Centro galego de Arte Contemporánea con sede en Santiago) ten obra na súa colección.

A mostra inclúe obra de artistas cambadeses como Francisco Leiro ou Manolo Paz e outros como Xoán Anleo, Jorge Barbi, Pamen Pereira, Berta Cácamo ou Vari Caramés por citar só algúns.

Felicitamos ao goberno municipal de Cambados polo cambio de uso que se fixo co Pazo de Torrado que pasou de ser un Museo con continente pero sin contido a convertirse nunha sala de exposicións cun importante nivel para a pequena vila que somos. Alegrámonos de que aquela sala dos "horrores" que era a que tiña dioramas ou hologramas , ou o que fose, sobre célebres personaxes galegos fose retirada. Tamén afortunadamente se retiraron todas a pantallas de plasma, debía ser o museo con máis pantallas de plasma por metro cadrado que vin na miña vida. Bueno todo iso debeunos costar unha pasta aos contribuíntes pero como rectificar é de sabios, parabéns ao Concello.

O pazo de Torrado vai camiño (parece) de consolidarse como unha sala de exposicións e se se mantén a colaboración con importantes centros culturais como son o CGAC ou o Museo de Pontevedra poden vir a Cambados boas exposición con menor custe (supoño).

Lembro o discurso dun dos moitos políticos que interviñeron na inauguración da excelente exposición "Cabanillas e os artistas galegos do seu tempo" no que se dixo que o 40% das viaxes turísticas teñen unha finalidade cultural. Cambados pode unir ao extraordinario patrimonio histórico e artístico que posúe, convertirse nun centro de celebración de importantes exposicións que atraia a numerosos visitantes.

En fin , parabéns de novo.

mércores, 11 de agosto de 2010

A EDUCACIÓN: UN LUXO

Leo a prensa e descubro pasmada as declaracións dun tal Román Rodriguez, diputado do partido popular nas que afirma: "La distribución del profesorado que había hasta ahora es un lujo que no se puede mantener en tiempo de crisis, cuando hay que adecuar los recursos a las necesidades reales". E pon exemplos:

"En la Costa da Morte hay un centro en el que 17 alumnos se dividen en dos grupos, menos de diez por cada clase. Si la LOE [Ley Orgánica de Educación] establece una ratio de hasta 30 estudiantes por aula, lo lógico es que estos 17 se reunifiquen en una. Hay otro con 44 alumnos divididos en cuatro grupos. En Barbanza, dos clases con 22 estudiantes. Ahí habrá pérdida de profesores, seguro".

Mira o artigo enteiro neste enlace ao xornal El País

Descoñezo quen é Román Rodríguez e si sabe algo de educación, tamén me sorprende que non sexa o Conselleiro o que faga este anuncio, estará de vacacións ou esconderase detrás deste señor para que os "paus" non lle caian a el?, en todo caso lembrarlle ao Sr. Román Rodriguez que as ratios que estabrece a LOE son as seguintes:

- Para infantil, 25 alumnos/as, agás en 3 anos 20 e grupos mixtos 15
- En primaria 25 alumnos/as, agás mixtos 15
- En secundaria 30 alumnos/as

Os grupos mixtos por si non o sabe o Sr. Rodríguez implican mesturar alumnado de diferentes idades o que esixe unha maior atención por parte do profesorado, de aí a diminución da ratio; non se especifica nas declaracións se eses centros da Costa da Morte e do Barbanza son de infantil, primaria ou secundaria, con grupos uniformes ou mixtos, con alumnos con necesidades especiais ou non que é o que tería que explicar para valorar esas cifras; pero en todo caso que haxa menos alumnos/as por profesor/a, nunca é un "luxo" senón que supón unha maior atención aos nenos e nenas. O traballo do profesor/a que os atende non vai a diminuír, o seu horario ten que cumprilo igualmente, simplemente os vai a atender mellor. Tendo en conta que eses centros con poucos alumnos/as soen estar en áreas rurais, coas deficiencias que estas zonas teñen en moitos temas, ao mellor non está tan mal que se lles dea esa maior atención.

Unha escola non é exactamente unha fábrica na que por tantos obreiros e tantas máquinas hay que conseguir producir tal nº de unidades. Os docentes traballamos con persoas cunha enorme complexidade emocional e intelectual, canto mellor sexa a atención a esas persoas (que non son só números) mellor será o seu desenvolvemento intelectual e emocional e iso non é exactamente un "luxo", é o futuro do noso país.

Para que o entenda mellor o Sr. Román Rodríguez direille que un luxo é gastar máis de 30.000 euros nunha comida para cargos do partido popular (véxase xantar do albariño), os gastos en educación, non son un luxo son unha inversión. O goberno alemán anunciou recortes drásticos nas contas públicas, agás en educación e investigación, eles si entenden ben a diferencia.

Aconsellamos ler este artigo:

La educación no es gasto, es inversión


Eu podo aceptar que me baixen o soldo pero o que non vou permitir é que empeoren as nosas condicións de traballo coa conseguinte perda na calidade do ensino e isto dígoo como docente e como nai de dous fillos que cursan secundaria nun instituto público. Xa decía un dirixente sindical estes días que a resignación se podía convertir en crispación ou como din os ingleses "from hunger to anger".

Queridos e sufridos compañeiros docentes, empeza un curso complicado.

xoves, 5 de agosto de 2010

UN VIDEO E UNHA PÁXINA WEB INTERESANTE

Chimamanda Achidie

Envíanos dende a cidade galega con máis habitantes, Bos Aires, un interesante video o noso amigo Juan Carlos. Dura un pouco pero paga a pena velo, mírao neste enlace.

Aparece nel a escritora nixeriana Chimamanda Achidie falando das súas vivencias e do perigo de ver as cousas dende un único punto de vista. Unha aposta pola empatía e a interculturalidade.

Este video permitiunos tamén descubrir unha páxina web moi interesante chámase TED, siglas de tecnoloxía, entretenemento e deseño; TED é unha organización sen ánimo de lucro que se dedica a difundir as ideas que considera que pagan a pena (ideas worth spreading). Na súa páxina web aparecen as grabacións de conferencias dadas por personaxes que son invitados, a maioría están en inglés, con subtítulos en outras linguas e ás veces en español e moi a miúdo en portugués (de Brasil ou de Portugal) Tes máis información de Ted na wikipedia

Non deixes de visitar TED.com