sábado, 30 de xaneiro de 2010

SOBRE BILINGÜISMO

Da gusto levantarse un domingo pola mañá e ler novas como esta:

El impulso lingüístico salva al galés de la extinción, que se daba por segura.Uno de cada cinco niños aprenden más del 50% de las materias en esta lengua y la demanda crece sostenidamente

Los alumnos no pierden el dominio del inglés y alcanzan un mejor rendimiento académico


A ver se volve a cordura e nos damos conta de que a aprendizaxe das linguas nunca resta, sempre suma

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Envíanos este video o noso amigo Xaime, moi acaído para o día da Paz.



venres, 29 de xaneiro de 2010

INICIATIVAS ECOLÓXICAS DOS CONCELLOS

Algúns Concellos da nosa bisbarra están levando adiante diversas iniciativas relacionadas co tratamento de residuos coa idea de reducir o seu impacto ambiental, le as seguintes novas aparecidas nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo:

O Grove inicia el reparto de los composteros

El Concello de O Grove hace un balance positivo del uso de los composteros

A Illa rebaja seis euros el recibo de la basura a quienes practican el compostaje de residuos


Los santiagueses con jardín que utilicen composteros pagarán la mitad de la tasa de basura

Vilagarcía impulsa una campaña para potenciar el nuevo servicio de recogida de aceite doméstico usado

A Illa pone a disposición de los vecinos más de 1.000 embudos para reciclar aceite

El reciclaje de vidrio en O Grove creció un 29% a lo largo del año 2009

E estas outras iniciativas non son tan ecolóxicas (no fondo sí) pero tamén interesantes:


A Illa aprovecha la inversión del Plan E para impulsar una red wifi gratuita


La wifi de Ribadumia alcanza los 600 usuarios en el casco urbano del municipio


Esperemos que o goberno municipal de Cambados tome nota.

XEOGRAFÍA DA MISERIA

Mapa mundial da pobreza, en cores azuis e verdes os países de pobreza extrema (basicamente África) o resto dos países pobres aparecen en cores amarelos, laranxas e rosas.


Persoas que viven con menos dun dólar diario. Compárase a situación en 1990 e en 1999. Asia do Sur e China representan o grupo máis numeroso debido á súa gran poboación, pero ten moita importancia o nº de persoas na África Subsahariana, co agravante que a situación de 1990 a 1999 empeorou e o nº de persoas aumentou a 300 millóns.




Poboación mundial desnutrida. Os países con situacións maís graves aparecen en cores vermellas, laranxas e amarelas. De novo África ocupa os promeiros postos neste tráxico ranking, síguenlle Asia e Sudamérica. Hai un pequeno punto vermello (situación extrema) nunha illa do continente americano. Que país pode ser?

O IDH (índice de desenvolvemento humano) é una medida comparativa de diversos indicadores de nivel de vida, como poden ser a esperanza de vida, alfabetización, educación, sanidade, situación da infancia eta. Foi creado por dous economistas, un pakistaní e outro Hindú e permite ver bastante ben as condicións de vida que se dan nos diferentes países do mundo. Vai de o a 1.

Aquí aparece unha táboa cunha selección de 10 países.



mércores, 20 de xaneiro de 2010

POR QUE VOU FACER FOLGA O DÍA 21 DE XANEIRO?


- Porque sen estar totalmente dacordo con todos os puntos das organizacións convocantes, estou en desacordo con esta nova lei elaborada polo goberno da Xunta.

- Porque o plurilingüismo é un obxectivo estratéxico da Unión Europea, definido no recente Tratado de Lisboa, "Europa será plurilingüe, ou non será", pero xa existen en funcionamento, e cada vez en máis Centros (con escasa financiación por certo), as Seccións Bilingües, que persiguen este obxectivo pero plantexado de xeito voluntario para profesorado e alumnado. E ademáis estas Seccións bilingües, non promoven exclusivamente o inglés senón que existe a posibilidade de facelas tamén en outras linguas comunitarias como o francés, alemán... e posiblemente se podía intentar tamén en italiano ou portugués.

- Porque todas as linguas teñen o mesmo valor,e contribúen por igual ao desenvolvemento intelectual do alumnado, anque recoñezamos que o inglés é hoxe unha lingua de comunicación universal e polo tanto de necesario coñecemento nun mundo globalizado como o que temos. Pero o que parece que se intenta facer con este decreto é introducir a novidade dunha lingua estranxeira para ocultar a diminución de horas en lingua galega. Parece unha incongruencia esixir o coñecemento do inglés para o acceso ao ensino e ao mesmo tempo non pedir o coñecemento do galego para o acceso a outras áreas da administración autonómica; cando ao fin e o cabo o galego é unha lingua oficial e o noso estatuto di no seu artigo 5º, aptdo 3 que:
"Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento".

- Porque despois de 20 anos no ensino estou farta de ver pasar novos plans educativos nos que as cousas cambian para que no fondo todo siga igual. Facendo un mal chiste direi que para mellorar o ensino fan falta tres cousas: diñeiro, diñeiro e diñeiro:

. Diñeiro para mellorar a formación do profesorado
. Diñeiro para dotar as aulas de novas tecnoloxías
. E diñeiro para contratar profesorado que diminúa o nº de alumnos e alumnas por aula e atenda adecuadamente ao alumnado con dificultades de aprendizaxe.

Por todo o dito penso que non é preciso un novo decreto senón desenvolver con máis apoios e financiación os plans xa vixentes: 50% de materias en galego, 50% en castelán e impulsar decididamente as Seccións Bilingües.

domingo, 10 de xaneiro de 2010

QUEN É MICHAEL MOORE?


Segundo a Galipedia (wikipedia en galego):

Michael Moore é un cineasta e escritor estadounidense, Palma de Ouro 2004 no Festival de Cannes coa súa película Fahrenheit 9/11, autor de libros e películas nas que denuncia á sociedade e poderes estadounidenses..

A información na wikipedia é un pouco máis extensa.

O programa de televisión Informe Semanal, emitiu recentemente unha reportaxe sobre el, podes vela neste enlace.

E en you tube podes ver este pequeno video de animación sobre a Historia de América segundo a súa particular visión e trailers das súas películas.



E está a piques de chegar aos cines galegos o seu último documental: "Capitalism, a love story", onde dá a súa visión sobre a crise económica e financeira que se orixinou en América.



Tamén podes visitar a súa páxina web: michaelmoore.com

xoves, 7 de xaneiro de 2010

CAMBADOS 2- SENEGAL 2


A páxina web de UNHA GRANDE CHEA (sitio que recomendamos encarecidamente para saber todo o que pasa en Cambados) faise eco da nova da celebración dun partido de fútbol entre un combinado de xogadores da policía local de Cambados e outro de senegaleses que frecuentan a vila en relación coa celebración de festas e mercados. A idea do partido era a de contribuír ao entendemento intercultural. A iniciativa foi patrocinada polo Concello a partir dunha idea do novo xefe da Policía Local, Maximino Cid (a idea que nos asalta agora é de por que non o deixaron vir antes para aquí?). En todo caso parabéns para todos.

O FUTURO DAS ENERXÍAS RENOVABLES


Numerosos signos económicos apuntan cara o futuro das enerxías renovables e non só porque o digan as organizacións ecoloxistas, sempre etiquetadas de utópicas e pouco realistas; importantes e rendibles empresas mundiais están investindo fortemente neste sector. A nova que reproducimos a continuación aparecida no xornal El País de hoxe 7 de xaneiro do 2010, apunta a que os cidadáns, a título individual e dentro das súas modestas posiblilidades, tamén teñen a posibilidade de participar, invitámoste a que a leas neste enlace:

Una 'comuna' para vivir del aire

100 personas se asocian para comprar un molino de viento - El objetivo es abastecerse de electricidad y vender los excedentes - El aparato vale dos millones.

venres, 1 de xaneiro de 2010

ANINOVO NUN MUNDO GLOBALIZADO











París, Nova York, Yakarta, Berlín, Londres, Moscova, Dubai, Rio de Xaneiro, Sydney... celebran a entrada do novo ano, non é difícil adiviñar a que lugar corresponde cada foto, proba.